1 de abril de 2007

CAMPAMENTOS PARA NIÑOS EN GALICIA

XUNTA DE GALICIA - SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN - PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE CAMPAMENTOS 2007

Programa dirixido a achegar aos mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas no exterior, á realidade social e cultural do pobo galego, ao tempo que desenvolven actividades recreativas, culturais, turísticas, deportivas e de tempo libre.

Programa ao que pertence: Actividades de campamentos dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Resolución: do 9 de marzo de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convoca e regula o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Destinatarios: Mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Requisitos dos beneficiarios: Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que, residindo fóra de Galicia, cumpran os seguintes requisitos:

1.- Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.
2.- Ter nacionalidade española.
3.- Ter unha idade entre 14 e 20 anos, na data de inicio do campamento.
4.- Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
5.- Non contar con ingresos superiores, en renda per cápita, a 2.5 veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente, de referencia para 2007, do país de residencia do solicitante.

Prazas: 341 prazas.

Convocatoria: D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) Nº 55 Luns, 19 de marzo de 2007.

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración coa colaboración da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia a través da súa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

Ano: 2007 - Prazo de presentación: Ata o 19 de abril.

Lugar de presentación: - Secretaría Xeral de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. - Nas entidades colaboradoras que se sinalan a continuación para a presentación telemática das súas solicitudes:

- En Arxentina: Oficina de Programas Sociales de la Secretaría Xeral de Emigración no Centro Gallego de Buenos Aires y/o Centros Colaboradores.

- En Brasil: Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro / Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía / Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instrucción en Sao Paulo / Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.

- En Uruguai: Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.

- En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Nota: Para a presentación destas solicitudes, os interesados poderán tamén utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. Para iso deberán posuír un certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (Real Casa da Moeda).Non obstante, aqueles que non conten co dito certificado poden dirixise aos centros coordinadores, nos que hai persoas habilitadas para presentar na Secretaria Xeral de Emigración, por vía telemática, as solicitudes destes particulares, facendo constar a autorización dos mesmos.

Tipo de axuda: Os participantes procedentes de España e Portugal recibirán unha axuda de custo para a viaxe polo importe da totalidade do gasto realizado nun medio de transporte público e sempre en clase turista. No caso de utilizar o seu vehículo particular daráselle unha indemnización de 0,19 euros por quilómetro. Para os mozos do resto dos países, financiamento do 100% do custo dos billetes de transporte desde o seu lugar de orixe ata o aeroporto de destino en Galicia.

Cobertura sanitaria: Os participantes gozarán durante a súa estadía específica en Galicia da cobertura dunha póliza de seguros concertada pola Secretaría Xeral de Emigración.

Contacto: Entidades galegas no exterior - Centros coordinadores - Secretaría Xeral de Emigración: Servizo de Acción Socio-Cultural. Teléfonos: 981 545 837 / 981 547 277 / 981 547 278. FAX: 981 547 295 / 981 957 055. Correo: accion.cultural.em.sc@xunta.es.

Observacións: Os participantes convivirán durante a súa estadía con mozos e mozas residentes en Galicia e noutras comunidades españolas en certas quendas quincenais do mes de Xullo.

Información adicional: www.galiciaaberta.com

(SICE Prensa & Comunicación, de Jorge Navós)

No hay comentarios: